Home Sobre nosotros El proyecto Nota Prensa Lisboa 6-8 noviembre 2009
Nota Prensa Lisboa 6-8 noviembre 2009 PDF Imprimir E-mail
Escrito por Administrator   
Domingo, 06 de Diciembre de 2009 11:25

Tralos precedentes de Paris, Frankfurt e Lausanne, XUGA.EU comezou a súa andaina como asociación o Venres día 6 de Novembro no Centro Galego de Lisboa, cun acto de inauguración no seu salón principal onde non faltou unha nutrida presenza de autoridades (D. Miguel Seco , Presidente do Centro Galego de Lisboa, D. Álvaro Sebastián de Erice, Cónsul de España en Lisboa ou D. Matías Vázquez, Presidente da Asociación “Xuventude Galega en Europa”), así como os seus socios fundadores vidos dende diversos puntos do continente e como non, con moitos mozas e mozos galegos e portugueses que quixeron arroupar os primeiros pasos de XUGA.EU aderezados cun delicioso viño de Porto doado polas Adegas Cálem.

 

Despóis da inauguración pasouse a unha velada de música tradicional galega nas instalacións do palacete decimonónico que hoxe alberga o Centro galego de Lisboa, que se encheu dunha moi boa atmósfera dende os primeiros instantes e onde os asistentes puderon contemplar a maxia das vistas que proporcionan as terrazas mentres lediciosamente desfrutaban das gaitas e bailes de máis dunha docena de músicos tradicionais, que fixeron do primeiro día de encontro unha xuntanza festiva e alegre de xente chegada de diferentes puntos de Europa coa cultura galega como telón de fondo.

 

Despois do carácter festivo e protocolario do primeiro día de evento, tocou unha dura xornada de traballo durante todo o Sábado onde se comezou cunha actividade: “A sociedade galega en... 10 minutos”...onde cada un dos participantes de diferentes partes de Europa ralataron as súas experiencias cos centros galegos durante aproximadamente 10 minutos de forma informal. Pasouse a una presentación da propia XUGA.EU por parte de varios membros da equipa directiva, onde se falou de temas vitais para o futuro da asociación coma remplatexar obxectivos, presentar os eventos futuros etc...para pasar a presentación da web www.xuga.eu, ferramenta primordial que servirá de punto de encontro virtual para todos os moz@s galegos e europe@s.


No foro-debate "Emprendedorismo: o papel das institución galegas no exterior" contouse coa participación de diversas autoridades a actores relacionados coa temática e se trataron temas como o papel das institucións de apoio a empresas e amprendedores no exterior, o emprendedurismo entre a xuventude galega e a visión do producto galego no exterior.

 

Tras unha actividade sobre asociacionismo na que se contactou por videoconferencia co presidente AJDERA, unha asociación xemelga a XUGA.EU en Arxentina e se trataron temas de común interese asociativo, pasouse ao punto formal do evento, a conformación da asociación en termos legais a través da I Asamblea Xeral XUGA.EU.

 

O sábado a noite e para finalizar da mellor forma posible a fin de semana, O Centro Cultural Bacalhoeiro de Lisboa fixo de berce para unha serie de actos culturais organizados por XUGA.EU. Tras a proxección do documental “Bata por fora, muller por dentro” –de Claudia Brenlla, pasouse a un experimento musical da parte de Miguel Harguindey, seguindo coa forza e a raza do rapeiro suizo de orixe galega Gran Purismo, o pop-rock contemporáneo de The Homens para finalizar cunha xoldra con musica eléctronica e hits galegos de todos os tempo co DJ Rubalkavra.

 

Finalmente, dende o seno de XUGA.EU, se quere agradecer aos seus patrocinadores: El Corte Inglés, Estrella Galicia, Porto Cálem, O Centro Galego de Lisboa e a Cámara de Comercio e Industria Luso-Española; asi coma a todos os moz@s e persoas galeg@s e europeas o seu esforzo que converteu este primeiro encontro nunha fermosa, xa!, realidade.

Última actualización el Lunes, 07 de Diciembre de 2009 13:19
 
Copyright © 2019 XuGa. Todos los derechos reservados.

Joomla! es un software libre publicado bajo la licencia GNU/GPL.