Home Sobre nosotros El proyecto Nota Prensa Lausanne 24-26 Abril 2009
Nota Prensa Lausanne 24-26 Abril 2009 PDF Imprimir E-mail
Escrito por Administrator   
Lunes, 05 de Octubre de 2009 12:45

MOZAS E MOZOS GALEGOS RESIDENTES EN DIFERENTES PAÍSES EUROPEOS CONSTITUEN A ASOCIACIÓN XUVENTUDE GALEGA EUROPEA

Reunidos na cidade de Lausanne esta fin de semana, e despois da reunión preparatoria de Paris e o congreso de Mocidade galega do exterior celebrado en Frankfurt no pasado mes de outubro, 25 mozos e mozas fillos de emigrantes e/ou emigrados reuníronse para fundar unha asociación xuvenil do movemento galego no exterior.

O obxectivo fundamental da asociación e o de crear un movemento asociativo de xovenes galegos que recoñeza a identidade da mocidade galega no exterior, e como obxectivos específicos os seguintes:

• Crear unha rede social da xuventude galega residente en Europa que permita a interrelación e a interconexión entre diferentes realidades
• Fomentar a cultura galega e a interculturalidade en Europa a través de intercambios culturais e eventos de diferente índole
• Introducir unha perspectiva xuvenil nos movementos asociativos galegos de Europa co fin de modernizalos e adaptalos ás necesidades actuais
• Reivindicar os dereitos dos mozos e mozas como galegos en todas as áreas de desenvolvemento da sociedade.
• Centralizar os fluxos de información para a xuventude entre Galicia e Europa

Neste II Congreso da Xuventude Galega en Europa, participaron xovenes procedentes de prácticamente tódolos paises da UE, dende Suiza ate Portugal, pasando por Francia e unha representación do Consello da Xuventude da Galicia, co fin de sentar as bases da futura asociación  Xuventude Galega Europea.

Ao longo de tres días de traballo, realizouse unha labor de organización e estructuración deste proxecto, partindo dende a propia elaboración dos estatutos ate a creación e asinatura da acta fundacional desta asociación. Ao mesmo tempo foron organizadas actividades lúdicas co gallo de fomentar o achegamento intercultural e a amizade entre tódolos participantes.

Este congreso serviu para concretizar os esforzos dunha serie de rapaces que nos últimos tempos estaban tentando aglutinar os intereses e motivacións da xuventude galega no exterior, tanto os descendentes de galegos, coma aqueles xovenes de Galicia que actualmente habitan ao longo e ancho de Europa, nembargantes non será máis que un primeiro paso cara o próxima Xuntanza de Lisboa, no que a asociación quedará legalmente constituida e terá o seu primeiro evento. Asi mesmo, a xunta directiva estará constituida inicialmente por cinco persoas, existindo representación na mesma de tódolos países participantes.

Finalmente, trataremos de chegar á maior parte de mozos/as galegas e futuros simpatizantes de tódalas orixes a través da creación dunha futura páxina web, que servirá de foro e portal de información necesaria para desenvolver esta asociación a medio/longo prazo.

Última actualización el Domingo, 06 de Diciembre de 2009 11:25
 
Copyright © 2019 XuGa. Todos los derechos reservados.

Joomla! es un software libre publicado bajo la licencia GNU/GPL.