Home Noticias Trasnada en A Coruña
Trasnada en A Coruña PDF Imprimir E-mail
Escrito por Proxecto Trasno   
Viernes, 11 de Mayo de 2012 08:42

O Proxecto Trasno vai celebrar os días 18 e 26 de maio a Trasnada 12.0 na cidade da Coruña.

O venres 18 de maio realizarase unha presentación de que é o software libre, que é a localización de software libre, e tamén que é o Proxecto Trasno, cal é a súa historia e como se pode colaborar con el.

O sábado 26 de maio organizaranse de forma paralela:

  • un obradoiro de tradución, ao que están invitadas todas aquelas persoas interesadas na tradución de software libre e tamén na tradución mediante software libre ou que simplemente queren ver de que vai a localización de software libre e como se realiza.
  • unha sesión de discusión de terminoloxía para asentar terminoloxía empregada na localización de software á que están invitadas todas aquelas persoas interesadas na terminoloxía ou na tradución de software, ou que simplemente queren ver que é o que se fai nesta sesión.

Toda a información en http://trasno.net/trasnada120

 
Copyright © 2019 XuGa. Todos los derechos reservados.

Joomla! es un software libre publicado bajo la licencia GNU/GPL.