Home Noticias Postos de colaboradores bolseiros
Postos de colaboradores bolseiros PDF Imprimir E-mail
Escrito por Administrator   
Martes, 13 de Septiembre de 2011 17:36

A Consellería de Educación convoca 30 prazas de colaboradores bolseiros nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo:

 

CRD da Coruña: 18 prazas.
CRD de Ourense: 6 prazas.
CRD de Vigo: 6 prazas.

 

 

Requisitos:
a) Ser español, nacional dun pais membro da Unión Europea ou estranxeiro residente en España no momento de asinar a súa solicitude.
b) Non estar en posesión do título académico que habilita para actividades profesionais, a menos que este título supoña un nivel ou grao inferior ao dos estudios que pretende realizar.
c) Ter cumpridos, como mínimo, dezaoito anos.
d) Estar inscrito ou matriculado no curso 2011/12, nun centro oficial universitario. A distancia do centro universitario ao centro residencial docente no que deberá residir, e os medios de comunicación entre ambos os dous deberalle permitir ao bolseiro o normal cumprimento das súas obrigas.
e) O estado de saúde do colaborador bolseiro deberá permitir o normal desenvolvemento na vida docente da residencia.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 1 de outubro de 2011.
Máis información no DOG do 1 de setembro de 2011 e en www.edu.xunta.es

Última actualización el Martes, 13 de Septiembre de 2011 17:42
 
Copyright © 2019 XuGa. Todos los derechos reservados.

Joomla! es un software libre publicado bajo la licencia GNU/GPL.